VIDEOS DA CORAL

Loading...

PRÓXIMOS PROXECTOS


- 31/08/2015: Misa cantada en Artoño (Agolada)
- 06/09/2015: Romaría Coral FECOGA en Carballiño
- 27/09/2015: Concerto no Mosteiro de Irache (Navarra)
- 10/10/2015: Concerto en Ourense
- 30/10/2015: Concerto en Ourense

VIDEOS

podes ver mais videos o final da paxina

domingo, 24 de octubre de 2010

25º ANIVERSARIO DA CORAL "ECOS DO ULLA" DE MONTERROSO

A nosa máis sincera e calurosa noraboa para a coral "Ecos do Ulla" de Monterroso que acaba de celebrar o 25º aniversario da súa fundación.
Celebrárono cun emotivo concerto o día 23 de outubro na igrexa parroquial de Monterroso no que tivemos a honra de participar.
O templo estaba a rebosar de público e trala misa celebrada en memoria dos membros falecidos, tivo lugar o concerto que comenzou coa actuación da nosa coral, seguida da actuación da coral organizadora.
Para rematar o acto ambalas duas corais interpretaron diversos temas conxuntamente dirixidos polos dous directores que compartiron nos últimos anos, Pablo Pérez Varela e Sandra Nasher.
Despois do concerto disfrutamos da súa hospitalidade cunha cena nun restaurante da localidade.
Hai 17 anos que a coral de Monterroso apadriñounos no noso debut e foi para nos un placer acompañalos nesta ocasión tan especial, desexámoslles que continuen moitos anos máis.






Un momento da actuación da Coral de Agolada










O Presidente de FECOGA, D. Antonio Rey dirixindo unhas palabras ó final do acto.


viernes, 1 de octubre de 2010

CONCERTO NA IGREXA DE BRUÉS (BOBORÁS)

Invitados polo Coro de Cámara Música Viva, organizador do acto, o día 25 de setembro actuamos na igrexa de Brués (Boborás), xunto co coro anfitrión e a coral de Ribadavia.

A igrexa, cunha magnífica acústica, resaltou a calidade das corais participantes.

Noraboa ó coro Música Viva que demostrou que non fai falta ser moitos para ser un gran coro e á Coral de Ribadavia pola súa profesionalidade.

Despois do concerto disfrutamos dunha velada moi agradable na cea que nos ofreceron.

Grazas por todo.









Antonio Rey, presidente do Coro Música Viva e de FECOGA, presentando o acto.












Coro de Cámara Música Viva, coro irmán co que compartimos directora e algún cantor e cantora.













Coral de Agolada na igrexa de Brués, despois do concerto
Momento da cena celebrada en Carballiño

CONCERTO EN SANTISO (A CORUÑA)

O sábado día 24 actuamos xunto coas corais de Santiso e Melide na localidade coruñesa pero veciña de Santiso.
O concerto tivo lugar na igrexa de Ponte Arcediago e resultou moi animado.
Grazas á coral de Santiso pola súa amable invitación por segundo ano consecutivo.
Sinto non ter fotos.

MISA CANTADA NA FESTA DA SALETA DE TRABANCAS (AGOLADA)


Procesión da festa da Saleta, despois da misa cantada pola Coral
O día 19 de setembro fomos invitados a cantar a misa solemne na festa da Virxe da Saleta, na parroquia agolense de Trabancas.

Unha festa co todo o sabor das romarías tradicionais con procesión, comida campestre, etc.

CURSO DE TÉCNICA VOCAL

O días 10 e 12 de setembro tivo lugar o previsto Curso de Técnica Vocal.

Foi impartido pola soprano, cantante de ópera profesional Indra Sesti di Lucca.

Foron dúas xornadas intensas e que resultaron moi fructíferas. Esperamos que sepamos aplicar na práctica o aprendido.



Indra Sesti di Lucca
Profesora de técnica vocal